Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Milladoiro afianza a convivencia da comunidade educativa un ano despois da crise no instituto

A Rede do Milladoiro é un espazo de encontro intersectorial que dá representación a diferentes axentes e entidades que mediaron para resolver o conflito vivido no centro durante o curso pasado

Reunión da Rede do Milladoiro pola convivencia na comunidade educativa

Reunión da Rede do Milladoiro pola convivencia na comunidade educativa / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Javier Ramos

Javier Ramos

Hai preto dun ano que o IES do Milladoiro atravesou unha situación crítica que estivo a piques de fracturar sen remedio a convivencia neste centro educativo. Unha concatenación de factores acabou derivando en momentos de grande tensión e mesmo en manifestacións públicas reclamando medidas que resolveran este conflito que afectaba a toda comunidade educativa.

Por sorte, as costuras das sociedades son resilientes e, co paso dos meses, os intres atrás quedaron os momentos máis complicados. Algo que, se puido acadarse, foi tamén grazas ao traballo de axentes e entidades coma os integrados na Rede do Milladoiro, unha plataforma intersectorial que dá voz e representación a todas as partes implicadas na procura dunha mellor convivencia.

Precisamente foi este organismo o que esta semana volveu reunirse nun encontro baixo o lema Restaurando a Rede e pensado para afianzar os vínculos creados por este espazo de reflexión e encontro entre os membros da comunidade. Nela están presentes directivos e docentes do colexio de Ventín e do instituto do Milladoiro, pero tamén as familias, representantes da inspección educativa, administracións públicas, forzas de seguridade, profesionais sanitarios e outras institucións do terceiro sector,

Todos eles baixo un mesmo paraugas que, superada a principal crise, busca agora sentar as bases para sentar un futuro máis próspero. Da última xuntanza, o principal acordo extraído é a decisión de que o CEP de Ventín poida servir como sede desta Rede a modo de “compromiso de continuidade” e “para realizar unha transición máis efectiva e afectiva” entre o centro de educación primaria e o instituto do Milladoiro.

Ademais, os integrantes deste órgano tiveron oportunidade de sentarse a analizar o camiño percorrido nestes dez anos dende a súa creación e trazar plans para mellorar a coordinación, compartir a información e optimizar os recursos dispoñibles. Todo nunha xuntanza que transcorreu nun clima de cordialidade e que puxo o foco na saúde emocional, na convivencia en positivo, na equidade, nos beneficios da interculturalidade ou no valor do traballo en rede.

Así pois, de cara ao futuro, a Rede aposta por manter o traballo conxunto entre as institucións e os centros educativos, promovendo a cooperación e o apoio mutuo en prol dunha comunidade educativa activa, comprometida e fortalecida baixo o lema: “No Milladoiro somos diferentes, somos referentes!”.

Tracking Pixel Contents