Abellá celebra con degustacións e moita música a súa Festa da Filloa
O Concello de Frades agarda recibir centos de persoas con motivo desta cita

Filloeiras da Festa da Filloa de Abellá (Frades) / Cedida
A asociación de veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, a Deputación da Coruña e a Mancomunidade de Ordes, organizou para este sábado a undécima edición da Festa da Filloa, na que non faltarán as degustacións gastronómicas nin as actuacións musicais.
A celebración, que terá lugar no pavillón municipal de Abellá, comezará ás 13.30 horas coa tradicional degustación de filloas e caldo galego.
A xornada ao redor dun dos pratos máis característicos da gastronomía galega contará tamén cun variado acompañamento musical. Neste sentido, a música correrá a cargo do Dúo Acherizados, que se encargará da sesión vermú, mentres que pola tarde volverá actuar acompañado polo grupo de gaiteiros Son da Terriña, da parroquia de Galegos, e Disco Móbil Impacto.
Así mesmo, ao longo da xornada festiva haberá sorteos e xogos para os máis pequenos, e unha cantina atendida pola comisión de festas de Abellá.
Nesta nova edición da festa a organización espera atraer un ano máis centos de persoas para gozar do bo facer dos filloeiros e filloeiras da localidade.
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Los entrenadores de Ilia Topuria abren en Santiago su esperado gimnasio la semana que viene
- «Esta fiesta por los 90 años de Capitol es una muestra de orgullo picheleiro»
- Los efectos de Claudia en Santiago: un herido en la AP-9 y varios puntos inundados
- Denuncian el caos creado por los sentidos únicos en Bertamiráns
- Un incendio en un edificio de Pontepedriña atrapa a uno de sus vecinos: los bomberos trabajan en el lugar
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque
