Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Feira de Oportunidades abre na Estrada con grandes descontos

Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo, inaugurou este venres a cita, que se celebrará durante toda a fin de semana

Inauguración da Feira de Oportunidades da Estrada

Inauguración da Feira de Oportunidades da Estrada / Cedida

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, inaugurou este venres na Estrada a 13ª Feira de Oportunidades do Comercio e a 69ª edición da de Antigüidades, que permanecerán abertas toda a fin de semana en horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas.

No acto de inauguración tamén estiveron presentes o alcalde estradense, Gonzalo Louzao; a deputada provincial de Infraestrututuras públicas e mobilidade, Belén Cachafeiro; e a vogal da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, Lucía Pedroso.

Este gran outlet busca liquidar os excedentes en tenda para dar entrada ás novas coleccións de primavera-verán. Tendo en conta o tipo de mostra, comercialízanse modelos únicos e tallas soltas tanto en roupa como en calzado. Estes produtos contan con prezos especiais e descontos que acadan ata o oitenta por cento. Ademais, ao tratarse dunha mostra de liquidación, non se repoñen os produtos.

Hoxe, ás 18.00 horas, terá lugar o sorteo dos primeiros lotes promocionais patrocinados polos establecementos A Tenda de Fraber (un vestido de nena), Artest (dúas almofadas), Aurora Sport (unha mochila e un balón), Byana (unha bufanda), Carlos Reboredo (un vale de 2o euros), Carlín Papelería (catro xogos de escritorio), Carolain Kids (un xoguete e unha camiseta) e Confort Hoga (unha fregona extensible).

Tracking Pixel Contents