Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Teo publica a primeira guía histórica e turística con patrimonio municipal

Abrangue lugares como O Xirimbao, a carballeira de Francos e o monte da Grela

Presentación da guía turística do Concello de Teo

Presentación da guía turística do Concello de Teo / Cedida

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, presentou onte a primeira guía histórica e turística deste concello, un libro que abrangue no seu interior os case douscentos anos de existencia deste municipio e que serve para dar a coñecer feitos inéditos e un amplo patrimonio natural e cultural.

A publicación recolle de xeito resumido datos de interese relacionados con Teo e permítelle ao lector explorar a historia do municipio, a partir de fitos como a batalla de Cacheiras, mais tamén épocas recentes, como o importante crecemento poboacional das últimas décadas.

Trátase dun volume pensado para promocionar e visibilizar os reclamos turísticos do concello e afondar na información ofrecida sobre os mesmos. Así, a publicación incorpora fotografías de lugares tan destacados como a carballeira de Francos, a área recreativa do Xirimbao ao paso do río Ulla ou o miradoiro da pena do monte da Grela.

Tamén se documenta, por exemplo, o patrimonio arqueolóxico con preto de trinta petróglifos, castros e outros xacementos rupestres. Respecto da arquitectura, amósanse varios monumentos civís e relixiosos de interese, como cruceiros ou petos de ánimas.

A mandataria teense destacou o traballo dos técnicos municipais que asesoraron e fixeron posible este libro, que será distribuído polas bibliotecas municipais e as pertencentes aos centros educativos do municipio.

Tracking Pixel Contents