A asociación Vieiro de Carballo promoveu o ano pasado a socialización de 45 persoas con trastornos adictivos
Sanidade financia con oito mil euros un programa da entidade

Antonio Gómez Caamaño, esquerda, e Xosé María Arán, tras asinar o convenio. / Cedida
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o vicepresidente da asociación Vieiro de Carballo, Xosé María Arán, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de incorporación social de pacientes con trastornos adictivos, que a Xunta financiará con 8.000 euros.
Ao abeiro deste convenio con Vieiro, o pasado ano foron atendidos un total de 45 usuarios, dos que 41 eran homes e 4 mulleres.
As iniciativas no ámbito da incorporación social desenvolveranse a través do programa de atención xurídico-social da Consellería de Sanidade, dirixido á atención integral das persoas con trastornos adictivos e problemática legal engadida, prestándolles axuda técnica en relación a trámites xurídicos.
A prestación dos mencionados servizos levarase a cabo por parte dos profesionais que integran os equipos nos diferentes dispositivos da asociación.
A Xunta destina este ano 447.000 euros ao desenvolvemento no conxunto de Galicia do citado programa, que en 2024 posibilitou axudar, a través de sete asociacións sen ánimo de lucro, a 1.995 persoas.
Tal e como se recolle no convenio asinado, a asociación Vieiro de Carballo comprométese a cumprir as directrices e instrucións de coordinación e programación dispostas polo Servizo Galego de Saúde a través da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, coordinándose, ademais, con outros centros, servizos e programas recollidos dentro do Plan de Galicia sobre drogas.
O perfil social destas persoas é variado, pero gran parte delas presentan dificultades adicionais para a súa incorporación social, ao estar incursas en procedementos xudiciais que poden comportar un ingreso en prisión e dificultar así os seus procesos de recuperación.
As complexas situacións e circunstancias derivadas das adiccións necesitan de instrumentos de asesoramento e orientación técnica e profesional por un equipo multidisciplinar e experto na materia, para prestar cobertura en todas as situacións persoais, sociais e xudiciais nas que se vexan involucrados, optimizando a canalización do usuario ao recurso da rede asistencial máis adecuado.
En consecuencia, a través deste convenio facilítase a atención integral ás persoas con condutas adictivas e problemas legais, proporcionado cobertura de apoio e documental ao ámbito xudicial (xulgados, comisarías, prisións…), tanto a usuarios como a xuíces, fiscais, avogados e á propia institución penitenciaria.
Así mesmo, o dito programa actúa como porta de entrada nos recursos clínico- asistenciais.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión

