Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Padrón despide o Entroido cun animado desfile e repartindo 6.000 € en galardóns

Máis de 1.500 persoas gozaron da animación das comparsas e do humor dos concursantes individuais e por parellas

Participantes no desfile do Entroido de Padrón.

Participantes no desfile do Entroido de Padrón. / Cedida

Padrón

Máis de 1.500 persoas chegadas de varios puntos de Galicia gozaron do espectacular concurso de Entroido de Padrón, que repartiu máis de 6.000 euros en premios nas diferentes categorías despois dun animado desfile.

Na categoría infantil individual, o primeiro premio foi para A volta ao mundo; o segundo, para Nayra de Motonui; e o terceiro para O neno de lata perdido.

Na modalidade adulto individual, o gañador foi E non estaba morto, seguido de A colmea e a raíña e Piter reparte cenorias.

Na categoría de parellas, o primeiro galardón foi para Caixas musicais; o segundo, para Bonecas repolo; e o terceiro para Maxia.

Na categoría de comparsas locais de máis de 10 membros resultou vencedora a denominada As vespas mamis da carballeira, da asociación A Carballeira. O segundo premio levouno a comparsa Cine mudo, do CEIP Rosalía de Castro; e o terceiro, Oitenteiros a tope.

No apartado para comparsas de ata 20 membros gañou Cine Avenida, seguida de Os comeverzas e A Pascua de Padrón.

Finalmente, Aromas do Entroido gañadou o primeiro premio na categoría de comparsas de máis de vinte integrantes, seguida de Nicradance-Os paiasos da tele e Ti e mais eu.

Tracking Pixel Contents