Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Defensa da Ulla Verde alerta dos impactos do viñedo industrial en Vedra

Piden á veciñanza que estea vixiante ante as plantacións masivas de novos cultivos

Charla informativa sobre o impacto do viñedo industrial en Vedra

Charla informativa sobre o impacto do viñedo industrial en Vedra / Cedida

A asociación Defensa da Ulla Verde organizou unha charla sobre o impacto que o viñedo industrial, maioritariamente en mans de empresas foráneas, está a provocar na veciñanza e no territorio. Perda de bosque, acaparación das terras, contaminación e riscos para a saúde son algúns dos prexuízos. «Nos últimos anos a fisonomía do concello cambiou radicalmente mediante desmontes agresivos, cortas indiscriminadas e acumulación de enormes parcelas de viñedo», engaden.

Din que o sentir da veciñanza é de «desamparo». Fan unha chamada á colaboración cidadá para que estea vixiante ante as irregularidades que hai detrás das plantacións masivas. E tamén están creando unha rede de cooperación con axentes forestais, goberno local, Sindicato Labrego Galego e a Plataforma Sí a un Rural Vivo.

Tracking Pixel Contents