Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames pon en valor a innovación de empresas coma CATEC

A corporación municipal visitou o centro tecnolóxico para explorar posibles sinerxias con outras compañías

O alcalde de Ames, Blas García, durante a visita ao Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales (CATEC)

O alcalde de Ames, Blas García, durante a visita ao Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales (CATEC) / Cedida

O alcalde de Ames, Blas García, presidiu a visita que membros da corporación municipal fixeron recentemente á sede do Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales (CATEC) no parque empresarial do Milladoiro.

Alí, o rexedor amesán destacou que este é o único centro tecnolóxico de toda España dedicado en exclusiva ao sector aeroespacial e sinalou que combina «innovación e excelencia» sendo exemplo das bondades da colaboración público-privada.

«Sentímonos moi orgullosos do traballo que realizan empresas como CATEC no noso concello. No parque empresarial do Milladoiro contamos con firmas que son punteiras a nivel nacional e internacional nos sectores da innovación, tecnoloxía, comunicacion e audiovisual, algo que temos que coidar e potenciar para seguir medrando», trasladou García ao remate da visita.

Máis de sesenta enxeñeiros e doutores traballan en CATEC no desenvolvemento de tecnoloxías de fabricación avanzada para outras empresas coma Airbus, as Tier One ou as pemes da cadea de subministros, contribuíndo ao crecemento e a competitividade do sector aeroespacial.

O obxectivo da visita oficial foi explorar posibles sinerxias do centro con outras empresas da zona e a posibilidade de levar a cabo traballos técnicos en colaboración co Concello de Ames como probas de voo en certos espazos.

Tracking Pixel Contents