Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

LITERATURA

Guadalupe Vázquez aborda a violencia de xénero dende 'A voz silenciada'

A novela da escritora de Cee bebe da realidade que moitas mulleres viven en silencio

Guadalupe Vázquez coa súa nova novela 'A voz silenciada'

Guadalupe Vázquez coa súa nova novela 'A voz silenciada' / Cedida

Cee

A mestra e escritora Guadalupe Vázquez, de Cee, vén de publicar unha nova novela: A voz silenciada. Unha obra que "naceu da conciencia, chamada a tratar un tema tan delicado como o da violencia de xénero", afirma a autora.

A protagonista é Felisa, unha muller que, aínda que ri "ás veces" e de nena a chamaban "Felisa a felís", leva a "procesión por dentro". A súa e unha historia "moi complexa" que ela mesma resume en tres palabras: "Vivo cun monstro". Cada día pregúntase "canto tempo poderei seguir aturando?".

Unha historia que, segundo Guadalupe Vázquez, "aínda sendo ficción, bebe da realidade que moitas mulleres viven en silencio".

A obra, que xa está nas librarías, está publicada pola Editorial Toxosoutos dentro da colección Nume, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia.

Tracking Pixel Contents