PEL
Xallas lidera a petición de axudas de emprendedores rurais á Deputación
Santa Comba, Mazaricos, Melide, Arzúa, Vimianzo e Dumbría son os concellos con máis solicitudes

As solicitudes de axudas da Deputación superan este ano as 6.000 / D. Coruña
O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña segue a bater marcas, cun total de 6.176 solicitudes na convocatoria de 2025. A liña PEL-Emprende Investimento, dirixida a pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas que desenvolven a súa actividade en concellos de menos de 10.000 habitantes, sumou 1.437 solicitudes.
Entre os concellos con maior volume de solicitudes figuran Santa Comba, Mazaricos, Melide, Arzúa, Vimianzo e Dumbría, cun predominio de sectores como a gandaría, a agricultura, a construción, a alimentación e os servizos. A comarca de Xallas lidera a participación nesta liña, reflectindo o peso do emprendemento no rural e a necesidade de medidas que favorezan a modernización dos negocios existentes. As empresas beneficiarias poderán destinar os fondos a investimentos en bens inventariables imprescindibles para o desenvolvemento da súa actividade, como maquinaria, equipamentos tecnolóxicos ou melloras nas infraestruturas.
Pola súa banda, a liña PEL-Autónomos, que subvenciona parte das cotas á Seguridade Social, suma 3.892 solicitudes, das que 3.648 corresponden a persoas que non solicitaron esta axuda en anos anteriores. Polo que respecta as axudas PEL-Pemes, rexistráronse 847 solicitudes.
A maiores a liña PEL-Pemes Creación e Ampliación, que cobre o 70% dos custos das novas contratacións, recibiu 662 solicitudes, e o PEL-Pemes Mantemento, que subvenciona o 50% dos custos salariais do segundo ano de contratacións indefinidas realizadas ao abeiro do programa en 2024, rexistrou 175 solicitudes.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que «ano tras ano increméntase o número de solicitudes, o que demostra a consolidación do PEL como unha ferramenta útil para o os pequenos negocios, autónomos e emprendedores da provincia e a necesidade de que as administracións sigamos implicándonos a fondo no apoio á creación de emprego».
- La propuesta que vuelve a poner en el foco la visita del Papa a Santiago: León XIV deja en el aire su presencia en 2027
- El Último de la Fila hizo historia en Santiago con una de las citas musicales más esperadas del año
- Crónica social compostelana | Reunión de cuatro generaciones de la familia Rúa
- Lalín ultima la Festa do Corpiño que traerá devoción y verbena el día 23 y 24
- Luis Zahera cierra por todo lo alto las fiestas de Fontiñas: 'Seguide sendo ben de barrio, que eso non se perda
- El pueblo gallego que esconde cinco playas paradisiacas: arena blanca, aguas turquesa y un paseo a 50 metros de altitud
- Miguel Ángel Arca recibe un homenaje tras casi 30 años como bombero en Santiago
- Continúa activo el incendio forestal en Padrón que ya ha calcinado 80 hectáreas

