Nova ofensiva para devolver a Galicia as estatuas do tímpano de Carboeiro
As efixies de dous evanxelistas están expostas na actualidade no Museu Frederic Marès de Barcelona, onde chegaron tras seren espoliadas por un empresario durante o franquismo

Pórtico do mosteiro de Carboeiro coas dúas estatuas faltantes sobreimpresionadas. / ECG
O mosteiro de Carboeiro é unha das xoias patrimoniais de Galicia. Este centenario complexo relixioso, ubicado na comarca de Deza, no concello de Silleda, é un dos principais reclamos turísticos da zona polo atractivo da súa arquitectura románica e a fermosura da natureza que o arrodea, máis tamén garda algún segredo moderno, coma as colonias de morcegos de ferradura que habitan no seu pombal e no seu muíño.
Os seus muros teñen sido testemuña de séculos de historia, mais tamén de saqueos, coma o que en plena Idade Media obrigou a reconstruír todo este recinto. Non tan grave, aínda que si de efectos que perduran aínda hoxe, foi o novo espolio que sufriu a finais dos anos cincuenta, durante a ditadura franquista, no que dúas estatuas dos evanxelistas San Lucas e San Xoán foron retiradas, xunto con outros materiais, do tímpano que preside o pórtico do mosteiro.
Un empresario alemán
As duas efixies apareceron a finais dos anos setenta do século pasado na colección particular de Ferdinand Birk Crecelius, un empresario de orixe alemaña cuxa dona as acabou traspasando, tras a súa morte, ao museo barcelonés Frederic Marès, onde permanecen a día de hoxe.
Os esforzos do historiador e investigador vinculado á Universidade de Santiago de Compostela (USC) Francisco Prado-Vilar foron os que permitiron localizar e identificar estes bens, grazas a unhas cartas nas que as autoridades da época documentaban o espolio; mais non ten sido suficiente, de momento, para traer de volta a Galicia este patrimonio.
Debate parlamentario
Hai apenas unhas semanas, na comisión cuarta, de Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia, o grupo do BNG presentaba unha pregunta, realizada pola deputada decense Ariadna Fernández, na que cuestionaba á Xunta de Galicia por que trámites foran emprendidos para lograr o retorno destes bens á súa ubicación orixinal.
A resposta dada polo Goberno galego expón que, polo de agora, non foi posible acadar resultados, malia ter contactado tanto coa dirección do Museu Marès coma co Ajuntament de Barcelona, responsable do mesmo.
Por este motivo, dende a Administración autonómica decidiron elevar a cuestión e solicitar a colaboración do Ministerio de Cultura para tratar de atopar unha solución «o antes posible». Así mesmo, dende a Xunta engadiron que «a postura do Goberno galego continúa sendo a de enfrontar este asunto coa máxima responsabilidade, baixo o principio da lealdade institucional» e «tratando de defender os intereses de todos os galegos».
Discrepancias políticas
Porén, estes argumentos non foron suficientes para convencer á parlamentaria do BNG, que, nunha conversación posterior, remarcaba que o ministro de Cultura «non ten arte nin parte nin competencia» neste asunto e que é a Administración autonómica quen se debe encargar de resolvelo polos seus medios.
«Non teñen gana de pedilo», lamentaba Fernández, que coidaba que a Xunta debería presionar ás outras autoridades responsables para acadar a devolución das estatuas do complexo patrimonial de Carboeiro.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
