POLÍTICA
O BNG de Vimianzo aposta por fomentar o alugueiro das vivendas baleiras
Propón rebaixar o IBI, subvencionar seguros e ofrecer asesoramento técnico

Benxamín Queiro, voceiro do BNG de Vimianzo / BNG
O BNG de Vimianzo solicitará o apoio da corporación para aprobar un plan de vivenda que inclúe un paquete de medidas encamiñadas a fomentar o alugueiro do gran número de vivendas baleiras, e así ampliar a escasa oferta no concello.
Segundo apuntan os nacionalistas, varios factores apuntan unha conxuntura socio-económica favorable para atraer nova veciñanza. Entre eles destacan a dificultade de acceso á vivenda nos nucleos urbanos e periféricos, a mellora das comunicacións ca cidade da Coruña, a evolución positiva da mediana empresa local, así como a reconsideración das contornas rurais como lugar residencial a consecuencia da reclusión forzosa durante a crise do coronavirus.
Benjamín Queiro, voceiro do BNG asegura que «cómpre non deixar escapar esta oportunidade, pois preséntasenos unha inmellorable ocasión para loitar contra o grave problema de envellecemento que sofre o noso concello».
Para estimular aos propietarios para que poñan en alugueiro as vivendas baleiras o BNG propón catro medidas: rebaixar o imposto do IBI a vivenda alugada ao 0,3%, subvencionar o 100% os seguros de morosidade e destrozo a 200 vivendas, poñer a disposición da veciñanza un técnico para asesorar e apoiar a tramitación de axudas.
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- Fallece Francisco Barreiro, el doctor que impulsó la Cirugía Mayor Ambulatoria en el CHUS
- Segundo día de huelga de buses en Santiago: los piquetes permiten salir a los urbanos que llegan al Hospital Clínico y al de Conxo
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- Dos septuagenarios pierden la vida al impactar un coche contra un camión en Arzúa
- Nueva jornada de huelga de los autobuses urbanos de Santiago: consulta los servicios mínimos
