Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Estrada quece motores para a venda de vehículos de ocasión

Albergará do 4 ao 6 de abril un novo salón do automóbil con descontos en coches seminovos

Público noutra edición do Salón do Vehículo de Ocasión da Estrada

Público noutra edición do Salón do Vehículo de Ocasión da Estrada / Cedida

O recinto feiral da Estrada volverá albergar, do 4 ao 6 de abril, unha nova edición, a novena, do Salón do Vehículo de Ocasión, unha cita á que concorrerán dez firmas co obxectivo de vender máis de trescentos coches seminovos, e na que se ofrecerán importantes descontos respecto do seu prezo habitual.

O certame ocupará cinco pavillóns deste recinto, nos que a metade dos expositores serán de firmas da Estrada, mentres que o resto chegarán de lugares como A Coruña, Ames, Vilanova de Arousa, Vigo ou Silleda.

O horario de apertura da feira será ininterrompido, de once da mañá a oito da tarde, e a entrada terá un custo de dous euros, con validez para os tres días que durará o mencionado evento.

Tracking Pixel Contents