Rois aposta pola lectura co fío da diversidade e do respecto
Convida ás familias a sumarse a unha merenda e a un obradoiro con contidos de carácter literario

Cartel da programación do mes dos libros en Rois / Cedida
O Concello de Rois presentou este mércores a súa programación de actividades con motivo do Día Internacional do Libro, que se centrarán no fomento da lectura e terán como fío condutor o respecto e a diversidade.
O propio día desta celebración, o vindeiro 23 de abril, a administración municipal organizará unha merenda colectiva na que os participantes poderán levar para a casa algúns libros de balde e gozar do espectáculo As peripecias de Xurxo, un contacontos para público a partir de catro anos que combina comedia e monicreques.
O encargado de levalo a cabo será Jouse García, membro da compañía Malasombra Teatro, quen interpretará a un home namorado dos libros e dos contos que sofre acoso na súa escola de señoras e señores.
Por outra banda, o día dous de maio terá lugar o obradoiro O faiado de Nin, un taller familiar no que cada asistente poderá darlle vida a un personaxe de trapo con peinado, roupa e cara ao seu gusto.
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- Los gallegos son fieles a la leña: 'Es lo más barato para calentar la casa
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Mutualistas desesperados: más de 4.000 gallegos están desatendidos
- O ‘cohousing’, máis preto de despegar en Santiago con 30 vivendas: «Parecía un soño, pero é real»
- Crónica de una hora de rescate: así vivieron los inquilinos el incendio en el edificio de Pontepedriña
