Padrón e Vedra únense pola camelia nunha exitosa mostra floral
O Convento do Carme acolleu un evento con 72 expositores no que o premio á mellor flor de orixe galega foi para un cultivador de Fene

Mostras de arte floral colocadas na IX Exposición da Camelia e do Bonsái de Padrón / Cedida
Hai dous concellos no val do Ulla unidos pola paixón pola camelia. Padrón e Vedra escenificaron esta pasada fin de semana o seu irmandamento ao redor desta flor nunha nova edición, a novena, da Exposición da Camelia e do Bonsái; unha mostra floral que reuniu setenta e dous expositores no recinto do Convento do Carme e que se consolida como unha das máis destacadas do calendario galego.
O premio para a mellor flor de orixe galega foi para un cultivador de Fene, Eusebio López, dentro dun certame no que tamén se entregaron distincións aos mellores expositores en varias categorías, divididas en función da especie de camelia empregada.
No marco desta xornada tamén se celebrou un obradoiro de elaboración de sombreiros sancosmeiros e tivo lugar unha demostración de arte floral con camelias a cargo da Floraría Chorima. Ademais, xa o domingo, os asistentes á cita puideron participar en talleres de cerámica, nunha visita guiada á exposición e nunha actividade formativa en poda e coidado de froiteiras.

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, e o de Padrón, Anxo Arca, intercambiando obsequios como parte do irmandamento de ambos os dous concellos arredor da camelia / Cedida
Con todo, a nivel institucional, o máis relevante do día foi o irmandamento de Padrón e Vedra coa sinatura por parte do alcalde vedrés, Carlos Martínez Carrillo, no libro de honra do Convento, dando conta dos lazos que unen ambos os dous municipios das ribeiras do Ulla.
A Exposición da Camelia e do Bonsái contou tamén cunha destacada presenza de veciños e veciñas procedentes de Vedra, que se desprazaron ata Padrón para gozar da xornada.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Alumnado del Xelmírez II recogerá esta semana su premio tras triunfar en Enreguéifate
