Críticas do BNG pola perda do nutricionista en Negreira e Santa Comba
A organización nacionalista denuncia que este recorte forma parte do «desmantelamento» da atención primaria

Concentración de protesta no centro de saúde de Negreira pola perda do servizo de nutricionista / Cedida
Unha praza itinerante de nutricionista, entre Negreira e Santa Comba, que foi suprimida e xa non existe. É o reclamo que o grupo do BNG elevará ao Parlamento de Galicia para tratar de recuperar esta consulta especializada na atención sanitaria ofrecida nestes dous concellos, cuxos centros de saúde tamén serven de referencia para a poboación de municipios próximos como son A Baña e Mazaricos.
De acordo co exposto onte pola deputada nacionalista Iria Carreira, o recorte deste posto de traballo ten efectos perniciosos sobre a atención sanitaria na zona e supón tamén unha «sobrecarga de traballo» para os profesionais dos centros de saúde que teñen que asumir a poboación derivada destes catro concellos.
Na actualidade, os veciños e veciñas de Mazaricos e Santa Comba deben desprazarse ata Muros para asistir a esta consulta, mentres que os da Baña e Negreira fano ata Santiago de Compostela, concretamente ao centro de saúde de Fontiñas.
Algo que, a ollos da parlamentaria do BNG, «afonda na desigualdade xeográfica da sanidade pública» e responde á estratexia de «desmantelamento» da atención primaria que o Goberno galego vén executando, na súa opinión, dende hai anos.
«A fenda territorial é enorme e a distancia que teñen que percorrer moi grande. Por iso esiximos a inmediata restitución desta profesional», manifestou Carreira, que insistiu en que a supresión deste tipo de prazas significa «darlle ás costas á calidade de vida da veciñanza e, en especial, á de concellos como os afectados».
Veciños de Negreira e doutros municipios da zona participaron o pasado 13 de marzo nunha concentración diante do centro de saúde nicrariense para denunciar este feito e demandar solucións.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- Máxima alerta tras detectarse dos robos en Silleda como los de la ‘Banda del Volvo’
- Ames prevé construir este año el complejo que cubrirá las demandas deportivas de Milladoiro
