Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames pon en marcha a nova programación da Aula da Natureza

A oferta inclúe obradoiros e visitas guiadas para gozar da paisaxe

Javier Antelo e Patricia Reboreda presentando a programación

Javier Antelo e Patricia Reboreda presentando a programación / C. Ames

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

A Aula da Natureza de Ames xa ten lista a súa programación de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que ofrece a natureza nesta época.

A primeira das actividades terá lugar o sábado 12 con O enredo de abelleiro, unha visita guiada ao Museo Vivente do Mel xunto coa ruta da Fervenza das Hortas. Esta saída, apta para todos os públicos, conta con 50 prazas e desenvolverase entre as 10.30 e 18.00 horas.

Cómpre destacar que se deberán abonar 3 euros pola entrada ao museo. Para inscribirse nas actividades é preciso enviar a ficha a auladanatureza@concellodeames.gal.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, explica que «en comparación coa programación de inverno, que estivo máis dirixida a xornadas no interior das instalacións, desta volta son actividades moi relacionadas co exterior para aproveitar estes días de primavera nos que hai máis horas de luz e nos que habitualmente podemos gozar de bo tempo».

Resaltou que «hai dúas actividades moi especiais: as xornadas dedicadas á vida castrexa para que os rapaces coñezan de primeira man como se vivía naquela época, e as do Artespantallo, para traballar e coñecer como se facían antigamente os espantallos no noso concello».

Tracking Pixel Contents