Feiras do Abril en Val do Dubra
Tres días de festa e de tradición para recibir a primavera
Xa está todo listo en Val do Dubra para darlle a benvida á primavera a través dunha cita imprescindible no calendario festivo local

Edicion do pasado ano das Feiras do Abril de Val do Dubra. | CEDIDA

As Feiras do Abril, que regresan mañá á localidade e durante tres días van mesturar cultura, tradición e lecer para facer gozar a veciños e visitantes de todas as idades.
Sábado: artesanía e música
A xornada de mañá sábado comezará ás 10.30 horas co mercado de artesanía, que se prolongará ata as 20.00 horas, ofrecendo unha ampla variedade de produtos locais e artesanais. A inauguración oficial non chegará ata as 12.00 horas, cunha actuación do grupo local Regueifa. Pola tarde, os asistentes poderán gozar dunha degustación de produtos típicos dubreses, con especial protagonismo para a vaca cachena e o pan do Val do Dubra, dende as 13.00 horas. Entre as 16.00 horas e as 18.00 horas, haberá un taller de estampaxe aberto ao público con selos de Amor ó Teu, seguido dunha demostración de cestería tradicional a cargo de Luís do Río.
Un dos momentos máis destacados da primeira xornada será o desfile de xoiería da artesá Susi Gesto e cestería local, que se celebrará ás 18.30 horas, poñendo en valor o talento dos artesáns da zona e o resultado do Obradoiro de ourivería que rematou recentemente. A xornada pecharase ás 20.00 horas cunha sesión de tardeo amenizada pola orquestra Panamá e a disco móbil MG.
Domingo: día do gando
O domingo 6 estará marcado pola tradición rural e o contacto coa natureza. Desde as 10.00 ata as 14.00 horas, terá lugar unha exposición de gando, xunto ao mercado de artesanía que continuará aberto durante toda a xornada. Ás 11.00 horas, celebrarase unha demostración de cestería coa artesá local Sara Viña, e a partir das 11.30 horas, os amantes dos cabalos poderán participar nunha ruta ecuestre pola zona.
Un dos momentos máis sorprendente para o público será o simulacro de Protección Civil, que se realizará ás 12.00 horas, seguido dunha actuación do Trío Alborada ás 13.00 horas. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, terá lugar un faladoiro de apicultura, impartido por Alfonso Priegue; e a partir das 17.30 horas pecharase o día coa exhibición de cans de agility de Mascoguau na área recreativa de Bembibre.
Luns: gastronomía
O luns día 7, derradeira xornada das Feiras do Abril, será o día dedicado á gastronomía coa Festa da Empanada, que se celebrará no Campo da Feira de Bembibre como xa é costume. Serán ademais empanadas laboradas por panaderías locais.
Ademais do tradicional mercado de primeiro de mes, os asistentes poderán degustar produtos nos food trucks de Galicia Sabe a Mar, en colaboración coa Consellería do Mar. A xornada contará tamén con polbeira e co Dúo Élite, poñendo o broche final a tres días de festa que serven tamén para marcar o cambio de estación e a entrada na primavera.
- Sábado trágico en Santiago: una mujer pierde la vida tras caerle encima una nevera
- Pesar por la muerte de Ramón Martínez-Rumbo, exdirector de Neurocirugía del CHUS y pionero en cirugía del Párkinson
- Crónica Social Compostelana | Concierto solidario para restaurar la Igrexa da Nosa Señora da Mercé de Conxo
- Investigan ayudas a clubes de Noia en el mandato de Santiago Freire
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El dieciocho: el nuevo espacio gastronómico de Área Central que ostentará la pizzería más premiada de Galicia