Os vehículos de combustión acaparan as miradas na estrea do salón da Estrada
Inaugurada a novena edición deste certame con centos de ofertas e descontos

Autoridades na visita inaugural ao salón do automóbil da Estrada / Cedida
Cada vez son máis os fabricantes de coches que optan por motorizacións híbridas ou eléctricas para os seus modelos, aínda que en Galicia e en España os vehículos de combustión seguen a ser os máis demandados polos compradores. Así o demostrou a apertura dunha nova edición, a novena, do Salón do Vehículo de Ocasión Estradense, que se celebra no Recinto Feiral da Estrada e que abriu as súas portas coa maioría de ollos postos sobre os automóbiles propulsados por gasolina e diésel.
Esta cita xuntará na vila pontevedresa ata o vindeiro domingo a milleiros de interesados en adquirir algún dos centos de vehículos expostos e para os que se ofrecen importantes descontos respecto dos seus prezos habituais, así como prazos de garantía de ata cinco anos.
A selección de vehículos expostos varía dende coches de só uns miles de euros ata deportivos de coleccionismo e series limitadas coma o Chevrolet Corvette Carbón, do que só se fabricaron seiscentas cincuenta unidades en todo o mundo.
A entrada para o salón é válida para os tres días que dura a cita, á que se pode acceder en horario ininterrompido de once a vinte horas ata o domingo.
O director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, participou no acto inaugural xunto ao alcalde Gonzalo Louzao e máis autoridades locais e provinciais.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
