A Xunta proxecta unha nova senda peonil nas marxes do Camiño Inglés en Ordes
O Goberno galego investirá preto de 1,2 millóns de euros neste novo itinerario

Plano da zona na que se prevé executar a nova senda peonil en Ordes / Cedida
O Diario Oficial de Galicia publica este venres o anuncio polo que se somete a fase de información pública o proxecto da Xunta para executar unha nova senda peonil na estrada AC-542, no municipio de Ordes.
De acordo co comunicado pola Administración autonómica, a intención é investir case 1,2 millóns de euros na creación dun novo itinerario de 1,8 quilómetros de lonxitude divididos en dous tramos diferentes que sirvan para continuar a senda xa exectuada no límite entre Ordes e Carral da AC-542 e conectala coa N-550, á altura do lugar do Mesón do Vento.
Así, o primeiro treito comprenderá dende o punto quilométrico 19,600 da AC-542, partindo da senda xa existente na marxe dereita desta vía, pola que discorre o Camiño Inglés, e extendéndoa ata a beirarrúa do punto 20,920. O outro tramo construiríase na marxe esquerda dende o punto 2 ata a glorieta cara á N-550.
O obxectivo da Xunta é que o proxecto poida estar aprobado nos meses de outuno para, a finais de ano, proceder ao levantamento das actas previas das expropiacións e licitar unhas obras que terán unha duración aproximada de seis meses dende o seu comezo.
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
- Más viviendas en Milladoiro: aprobada la licencia para 78 pisos en la Rúa da Madalena
