Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP esixirá no Parlamento que o Estado arranxe un tramo da N-550 en Padrón

Acusan ao Goberno central de non executar unha obra que xa se orzamentara

Parlamentarios do PPdeG, na visita ao tramo da N-550 que reclaman que se arranxe

Parlamentarios do PPdeG, na visita ao tramo da N-550 que reclaman que se arranxe / Cedida

Unha comitiva de membros do Partido Popular visitou onte un tramo da estrada nacional N-550 ao seu pola pola Ponte, no Concello de Padrón, para anunciar que presentarán no Parlamento de Galicia unha iniciativa a través da cal procurarán instar ao Goberno central para que arranxe esta vía, que na actualidade —afirmaron— presenta unhas deficientes condicións de seguridade.

O portavoz de Infraestruturas do grupo popular no Lexislativo galego, Roberto Rodríguez, xunta do deputado e concelleiro padronés Ángel Rodríguez achegáronse de primeira man ata este treito, dende onde reclamaron a realización «urxente» das obras de humanización desta estrada, cunha actualización do proxecto existente para mellorar a seguridade viaria e peonil, renovar a sinalización e mellorar a iluminación.

Ángel Rodríguez apuntou que, con Mariano Rajoy na presidencia do Goberno, no ano 2018, xa existía no proxecto de orzamentos aprobado entón unha partida de 4,5 millóns de euros para estes traballos; que, porén, non foi executada despois de que unha moción de censura colocara a Pedro Sánchez á fronte do Executivo estatal.

O edil popular remarcou, durante o percorrido pola marxe da N-550, que esta vía presenta un estado de «extremo deterioro» tras «moitos anos de esquecemento por parte do Goberno central», que teñen levado á existencia de múltiples fochancas, sinalización deficiente polo desgaste da pintura e graves carencias de accesibilidade e seguridade, en xeral.

Tracking Pixel Contents