Sarandón exalta hoxe unha vez máis as virtudes do Viño da Ulla
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, será a pregoeira dunha festa que amenizará a orquestra París de Noia durante a tarde

Presentación da 43ª edición da Festa de Exaltación do viño da Ulla, que se celebra San Miguel de Sarandón (Vedra) / Jesús Prieto
A parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón será hoxe unha vez máis o lugar dende onde se glosen as virtudes do viño da Ulla, unha subzona recoñecida dende hai vintecinco anos como parte da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Rías Baixas.
A XLIII Festa de Exaltación do Viño da Ulla celebrarase despois dun sábado marcado pola celebración dunha cata concurso e unha serie de actividades complementarias coma rutas motorizadas, catas comentadas e actuacións musicais. Entre elas, a de grupos folk de concellos da contorna e os concertos dos John Deeres e de The Rapants, plato forte da noite do sábado, que congregaron a un número importante de xente no recinto da festa.
Para hoxe, ademais da tradicional mostra cos viños desta subzona e outros da mesma denominación de orixe, está prevista a celebración dun acto institucional que constará do saúdo do alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo; da lectura do pregón a cargo daconselleira do Medio Rural, María José Gómez; do nomeamento dos novos membros da Orde de Amigos do Viño da Ulla e da entrega de premios da cata concurso de onte.
Ademais, a festa continuará co concerto da Banda de Santa Cruz de Ribadulla e as actuacións de charangas e agrupacións tradicionais, preludio dunha verbena vespertina da man da orquestra París de Noia.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo
