Educación avalía co alcalde de Frades novas melloras no CPI de Ponte Carreira
A Xunta investiu máis de 550.000 euros no centro, que conta con 140 alumnos

Manuel Ferreiro, esq., Roberto Rey e Román Rodríguez / CEDIDA
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, reuniuse co alcalde de Frades, Roberto Rey, para avaliar o estado do Colexio Público Integrado CPI de Ponte Carreira e concretar novas actuacións de mellora. Na xuntanza, á que tamén asistiu o concelleiro de Educación, Manuel Ferreiro, analizáronse intervencións ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica, o programa da Xunta para modernizar os centros educativos.
No colexio, que o pasado mes de outubro celebrou o seu 50 aniversario, estudan na actualidade 140 alumnos. Desde Educación lembran que a Xunta leva investidos no centro máis de 550.000 euros. Tanto o conselleiro como o alcalde de Frades coincidiron na importancia da colaboración entre institucións para avanzar en actuacións orientadas a ofrecer unha educación de calidade.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago
