A Baña activa un plan de vivenda para aumentar a oferta de alugueiros
O Concello pagará o seguro de morosidade para animar aos propietarios

Con este plan de vivenda o Concello da Baña pretende atraer novos residentes e loitar contra a despoboamento do rural / CEDIDA
Como avanzou este xornal hai uns días, o Concello da Baña pon en marcha un novidoso plan de vivenda para dinamizar o mercado do alugueiro no municipio. A intención do Goberno local que preside José Antonio Pereira é darlle uso ás vivendas que se atopan baleiras e, deste xeito, atraer nova veciñanza ao termo municipal. A iniciativa, ademais de facilitar o acceso á vivenda, busca fomentar o asentamento de persoas novas e, polo tanto, contribuír a loitar contra o despoboamento do rural.
Hai uns días o propio rexedor remitíalle unha carta á veciñanza na que explicaba os pormenores da medida, coa que se busca poñer en valor as vantaxes de vivir no rural. "En tempos nos que o acceso á vivenda nos núcleos urbanos é cada vez máis difícil, as contornas rurais como a nosa ofrecen calidade de vida, tranquilidade e oportunidades", sinala Pereira na misiva.
Asesoramento en todos os trámites
Así, este novo plan de vivenda contempla dúas liñas principais de apoio para aquelas persoas que dispoñan de inmobles desocupados e queiran poñelos en alugueiro. Por unha banda, a subvención do 100% do seguro de morosidade, coa fin de darlles unha maior seguridade e confianza aos propietarios que aposten por esta vía. Ademais, ofrece asesoramento técnico gratuíto, a través dun profesional do Concello que os acompañará en todos os trámites: elaboración de contratos, cumprimento dos requisitos legais, acceso a subvencións ou melloras, etc.
Deste xeito, o Concello pretende eliminar as barreiras que moitas veces frean aos propietarios á hora de alugar unha vivenda, facilitando e simplificando todo o proceso.
O alcalde anima as persoas que teñan vivendas baleiras habitables a informarse e participar neste plan, e fai un chamamento ao compromiso colectivo: "Entre todos e todas podemos facer da Baña un lugar aínda mellor para vivir. Este plan é unha oportunidade para xerar comunidade, atraer xente nova e aproveitar o que xa temos: casas que poden volver ter vida e familias que queren empezar un proxecto aquí".
Toda a información poderá consultarse nas oficinas do Concello.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias


