PROXECTO
Muxía bota man da mocidade para ser un referente cultural
A Festa do Congro é o punto de partida do proxecto ideado por Horta Creativa

Javier Sar e Sandra Vilela, no centro, cos membros de Horta Creativa a técnica de Cultura / J. M. R.
Converter a cultura nunha ferramenta de transformación social e económica é un dos obxectivos do proxecto Muxía Cultural, que este mércores iniciou a súa singladura impulsado polo Concello e a cooperativa Horta Creativa, formada por Manu Nogueira, David Fernández, Sergio Tarrela e Adrián Alcaina, catro mozos muxiáns que xa foron quen de reactivar o Cámping do Lago e convertelo nun espazo de dinamización lúdico-cultural.
Muxía Cultural nace co fin de poñer en valor todo o que a vila e a comarca teñen que ofrecer, organizando eventos que combinen a tradición, a gastronomía, a contorna e o patrimonio, e que terá a música como unha das grandes protagonistas.
«É un novo xeito de entender o noso territorio e de recoñecer e valorizar o que somos a través da nosa historia, as nosas tradicións e a nosa cultura», afimou a tenente de alcalde e edila de Cultura, Sandra Vilela. É tamén, engadiu «unha oportunidade para mellorar a calidade de vida dos que vivimos aquí e queremos seguir vivindo en Muxía».
Manu Nogueira sinalou que «é un proxecto que nace coa mirada posta no longo prazo, na xuventude e no futuro de Muxía, para que o día de mañá haxa máis artistas locais, xa sexan músicos, de artes plásticas ou escénicas. O obxectivo é mellorar a calidade de vida dos habitantes do concello», engadiu.
A Festa do Congro será o primeiro evento de Muxía Cultural os vindeiros 18 e 19 de abril, cunha programación especial que inclúe a degustación do típico congro no porto de Muxía, música en vivo e concertos. Catuxa Salom e Os Bugis actuarán na noite do venres no Malecón e a música tradicional terá tamén un espazo protagonista cos Cantos de Taberna e as actuacións de distintos grupos da comarca.
Co gallo do Día das Letras Galegas, Muxía vivirá «un mes enteiro de actividades», que incluirán un acto na honra da muxiá Eva Castiñeira, unha das cantareiras homenaxeadas este ano.
«Rapaces que queren vivir aquí»
O alcalde, Javier Sar, subliñou que este é «un proxecto moi ambicioso», que nace con vocación de continuidade no tempo, «e a base xa está feita».
Confía ademais en que sexa un elemento motivador para que as novas xeracións desenvolvan os seu proxectos vitais en Muxía, e puxo como exemplo a Horta Creativa, «catro rapaces, amigos nosos, que apostan por promocionar a cultura e quedar a vivir aquí; iso é algo moi destacable», afirmou. Sar confía en que a iniciativa «chegue a bo porto» e subliñou que «este e ún Concello que aposta pola cultura local e tamén comarcal».
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
