Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santa Comba cede un espazo para actividades de saúde comunitaria

O Concello asinou un acordo dun ano coa Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

Estefanía Cavelo, Laura Vela e Divina Fernández

Estefanía Cavelo, Laura Vela e Divina Fernández / Cedida

Santa Comba

O Concello de Santa Comba e a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza veñen de formalizar un acordo de cesión de uso dun espazo municipal para o desenvolvemento de actividades de promoción de saúde dirixidas á veciñanza da localidade.

O acordo foi asinado polo alcalde, Alberto Romar Landeira, e o xerente da Área Sanitaria, Ángel Facio Villanueva, e en virtude do mesmo cédese temporalmente un espazo no Complexo Deportivo Municipal Fontenla, situado na rúa Lugo, s/n, buscando facilitar ao persoal sanitario do Centro de Saúde de Santa Comba un lugar axeitado para levar a cabo actividades como preparación ao parto, exercicio física na etapa do climaterio ou relaxación e masaxe infantil.

A cesión terá unha vixencia inicial dun ano prorrogable e non suporá custo algún para a Área Sanitaria. Non obstante, o Concello resérvase o dereito de revogar o acordo por motivos de interese público.

Desde o Concello e a Área Sanitaria agradeceron a disposición e colaboración da Dra. Laura Vela Flórez, xefa de Servizo de Atención Primaria do Centro de Saúde, a Juan Manuel González Lorenzo, Subdirector de Humanización e Atención á Cidadanía da Área Sanitaria, así como das concelleiras de Promoción da Saúde, Estefanía Calvelo, e Atención á Veciñanza, Noelia Baleato, cuxa implicación foi fundamental para pechar este acordo.

Tracking Pixel Contents