A Xunta somete a información pública a mellora da AC-406 en Val do Dubra e A Baña
O prazo para presentar alegacións é de 30 días hábiles desde este luns 14 de abril

Estrada AC-406 á altura do lugar de Paramos (Val do Dubra) / Google Maps
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas publicou este venres no DOG o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de acondicionamento da estrada AC-406, ao paso polos concellos de Val do Dubra e da Baña, que suporá un investimento de preto de 4,4M€.
O prazo para presentar alegacións a este proxecto será de 30 días hábiles contados a partir deste vindeiro luns 14. Con este procedemento, tamén se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da intervención. Para levar a cabo esta obra será necesaria a expropiación dun total de 107 predios. Desde a Xunta traballan para poder aprobar definitivamente o proxecto no outono, para a continuación acometer a redacción do proxecto construtivo.
A través desta obra, cuxo prazo de execución é de un ano, búscase mellorar o trazado do tramo comprendido entre os puntos quilómetricos 18+477 e 21+925 desta estrada autonómica co fin de reforzar a seguridade viaria, e de habilitar un carril adicional de máis de 1 quilómetro.
O proxecto tamén contempla a rehabilitación do firme, así como a realización de actuacións de adecuación do sistema de drenaxe existente ao novo trazado deseñado. Tamén se renovarán a sinalización, o balizamento e as defensas e se acometerán as obras complementarias precisas.
Estas actuaións sumaranse á 1ª fase de acondicionamento executada nos anos 2018 e 2019 no treito que vai de Portomouro a Santa Comba, entre o parque empresarial de Santa Comba e Abuín. Estas intervencións, cun investimento autonómico de máis de 3,2 millóns de euros, centráronse na execución dun novo trazado alternativo para evitar o paso polo núcleo de Salgueiroas.
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Mil docentes de colegios e institutos dejan las aulas gallegas este año
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
