A Deputación da Coruña apoia o labor de 76 entidades sociais con 1,5 millóns de euros
Entre as asociacións beneficiarias atópanse A Creba, de Noia, e Íntegro, de Costa da Morte

Usuarios da asociación Íntegro de Costa da Morte, unha das beneficiarias das axudas da Deputación. / Cedida
Redacción
A Deputación da Coruña destina este ano 1,5 millóns de euros para apoiar as entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia no mantemento dos seus centros e de programas sociosanitarios e terapéuticos dos que se benefician centos de persoas da provincia con discapacidade ou enfermidades crónicas.
A concesión destas liñas de subvencións vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o pasado xoves, 10 de abril. Son un total de 76 axudas, que oscilan entre os 1.000 e os 54.800 euros.
Un total de 44 asociacións benefícianse este ano dun millón de euros en axudas da Deputación para o funcionamento de centros, que inclúen residencias, centros de día, ocupacionais ou de atención á infancia, entre outros.
Entre elas destacan o centro Ricardo Baró de Aspronaga (Oleiros) para persoas con discapacidade intelectual, o centro de rehabilitación psicosocial e inserción laboral para persoas con con trastorno mental severo e crónico A Creba de Noia, os apartamentos tutelados O teu fogar, o teu futuro, de Down Coruña, o centro de día de Adaceco, as asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO) e Ferrol (AFAL), a unidade de día da Asociación Ferrolá de Drogodepedencias (ASFEDRO) ou a asociación Íntegro de persoas con diversidade funcional da Costa da Morte.
Na liña para programas sociosanitarios, a Deputación destina outros 500.000 euros para apoiar 32 entidades na súa oferta de servizos, programas ou activades de carácter sociosanitario dirixidas a persoas enfermas -xeralmente crónicas- que polas súas especiais características poden beneficiarse da atención simultánea e sinérxica dos servizos sanitarios e sociais para aumentar a súa autonomía, paliar as súas limitacións, favorecer a rehabilitación e a súa integración social.
Algunhas patoloxías coas que traballan as entidades financiadas son a saúde mental, a anorexia e a bulimia, o cancro, a esclerose múltiple, a ELA, o alzheimer, a fibrose quística, o párkinson ou as enfermidades reumáticas, entre outras.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia destas axudas para apoiar o funcionamento de entidades sociais que “contribúen a mellorar a vida de miles de persoas especialmente vulnerables e as súas familias” e subliñou “o traballo fundamental” destas asociacións.
“Xa sexa no ámbito da exclusión social, da discapacidade, da loita contra a pobreza ou na atención á infancia e ás persoas maiores, estas organizacións son nun piar esencial para construír unha sociedade máis equitativa e inclusiva”, afirmou.
Este ano, a Deputación da Coruña destinará 4,5 millóns de euros en diferentes liñas de axudas para apoiar a actividade de máis de 270 entidades sociais da provincia a través de diferentes programas que financian actividades, gastos de funcionamento e persoal, melloras ou ampliacións de sedes e dotación de vehículos para o transporte de persoas con necesidades especiais.
- La Navidad en Galicia más allá de las luces de Vigo: del belén artesanal más grande al pueblo gallego más navideño
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
