Ames promove boas prácticas para desfacerse dos restos de poda cunha campaña informativa
A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural pon en marcha esta iniciativa para evitar problemas ambientais

Restos de poda depositados xunto a un colector de lixo / G. Núñez
Co obxectivo de mellorar a xestión dos residuos vexetais e evitar condutas incorrectas que poidan xerar problemas ambientais ou de seguridade, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, vén de poñer en marcha a campaña ‘Como desfacerse dos restos da poda?’.
Esta iniciativa busca informar e concienciar á veciñanza sobre os métodos axeitados para o tratamento destes restos, que adoitan acumularse de forma indebida ao carón dos colectores de lixo, unha práctica que está xerando preocupacións ao ser cada vez máis frecuente. «Estamos atopando moitos restos de poda dentro e ao lado dos contedores de lixo, por iso decidimos publicar esta campaña de información», sinalou o concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo.
Entre as recomendacións da campaña, destaca que os restos de poda deben introducirse en bolsas e depositarse dentro do colector do orgánico, sempre sen superar dous terzos da súa capacidade. Como alternativa, tamén se poden deixar ao lado colector, sempre en bolsas de lixo ben pechadas.

Campaña 'Como desfacerse dos restos de poda?' do Concello de Ames / Cedida
Ademais destas opcións, a campaña lembra outras vías como a compostaxe doméstica, a entrega a un xestor autorizado ou a queima, que debe ser comunicada previamente a través da plataforma queimasweb.xunta.gal.
«Antes había depósitos de poda, pero na actualidade, a lei non permite manter ditos depósitos polo perigo de incendio que supón, por iso a través desta campaña informamos sobre as diferentes opcións que existen para desfacerse dos restos de poda», concluíu Javier Antelo.
Dende a Concellaría tamén destacaron a importancia dunha poda ben feita, realizada no momento axeitado e con criterio técnico, algo que non só favorece á saúde das plantas senón que evita a atracción de pragas e mellora a súa resistencia a condicións adversas.
- Natalia Dicenta, de vuelta en Santiago: «Tuvimos casa en Galicia y para Lola y para mí, esta tierra es muy querida»
- El aeropuerto de Santiago agudiza su crisis tras la salida de Ryanair: 2.600 viajeros menos al día
- El vecino de Madrid desaparecido en Muxía dejó una nota de despedida en su coche
- La Sala Malatesta vuelve a cerrar y anuncia que luchará en los tribunales
- Una familiar del desaparecido viaja a Muxía con llaves del coche para inspeccionarlo
- La brutal paliza al camarero del pub Bloom de Santiago salta a la escena nacional
- El mayor mercado de moda vintage aterriza en Santiago: miles de prendas de ropa de marca a tan solo 9 euros
- Santiago tendrá vuelo directo a Cork: Aer Lingus operará dos frecuencias semanales a partir del año que viene