Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Aberto o prazo para 'Pan con chocolate' do programa Apego

A proposta de contacontos e música terá lugar o vindeiro venres, día 25, no Pazo da Peregrina

María e Carme da Pontragha

María e Carme da Pontragha / Cedida

Ames

O Concello de Ames abriu onte o prazo de inscrición para o espectáculo Pan con chocolate, incluído no programa Apego. Trátase dunha proposta de contacontos e música a cargo de María e Carme da Pontragha, que terá lugar o vindeiro venres 25 de abril, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Dirixida ao público familiar e pensada especialmente para nenos de entre 0 e 6 anos, a actividade forma parte da programación especial do Mes do Libro e busca poñer en valor as historias tradicionais galegas, ademais de fomentar o uso do galego entre os máis pequenos.

A entrada é de balde, aínda que é necesario inscribirse previamente antes do xoves 24 enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal,no que se debe indicar o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade dos nenos e un número de teléfono de contacto.

Tracking Pixel Contents