O ciclo Abril de Cine péchase coa proxección de catro curtas no Milladoiro
A cita será este martes ás 20.00 horas cos filmes ‘Platónico, platónica’, ‘Noites de prata’, ‘Carracedo’ e ‘Pechar caixas, abrir caixas’

Ciclo Abril de Cine de Ames / Cedida
Mañá martes terá lugar a última xornada da quinta edición do ciclo de cinema Abril de Cine, unha iniciativa para achegar á veciñanza amesá diversas propostas do cinema galego actual. Nesta derradeira sesión, que terá lugar ás 20.00 horas no auditorio do Milladoiro, proxectaranse catro curtametraxes co xénero documental e o desarraigamento como nexos en común.
Por un lado, proxectarase Platónico, platónica, de Xacío Baño, unha curta na que se fai unha reflexión profunda entre o amor e a intelixencia artificial.
Despois será a quenda de Noites de prata de Soraya Antelo, un proxecto finalista nos Premios Mestre Mateo do 2024 que narra a historia de Lola, unha cantante de boleros que abandoa Galicia polas terras do Río da Prata.
A terceira das curtas será Carracedo de Manu Lucas Mariño, un documental que pon en valor a figura do artesán galego Sito Carracedo no seu traballo de recuperación do patrimonio cultural galego.
Para finalizar, a última das curtas que se proxectará será Pechar caixas, abrir caixas de Hugo Amoedo, un filme no que se narra a historia da volta a Galicia do escritor Xavier Queipo despois de máis de 30 anos en Bruxelas.
- Una casa de Santiago, entre las finalistas de los Premios Arquitectura 2026
- Fallece el empresario Isaac Rosón Ferreiro, hermano de la socialista Mercedes Rosón y padre del director xeral de Pesca de la Xunta
- Los vecinos de Conxo alertan de que la senda entre Santiago y O Milladoiro incumple normas de Patrimonio
- Los vecinos de los okupas de Bertamiráns temen un efecto llamada: 'Estamos desesperados. No los queremos aquí
- Investigan la aparición de un cadáver en una acera de Boiro
- La Ascensión vuelve a cabalgar entre equinos, pulpo y tradición popular en Amio
- La ganadería de Trazo entre las diez de España con vacas más productivas: 'Cuidamos su descanso, el ordeño e intentamos tener la granja impoluta
- Problemas para el tráfico en Santiago: el túnel del Hórreo estará cerrado la próxima semana por la noche