Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

A Laracha renova a estrada de Cerceda que vertebra boa parte do concello

O investimento é de 143.000 euros, que serán financiado integramente polo Concello

Obras de acondicionamento e renovación do firme da estrada da Laracha a Cerceda

Obras de acondicionamento e renovación do firme da estrada da Laracha a Cerceda / C. L.

A Laracha

O Concello da Laracha puxo en marcha as obras de mellora da estrada local que comunica a capital municipal con Cerceda, e que «vertebra as comunicacións rodadas nesa parte do termo municipal», subliñan.

O sector obxecto da intervención, que se localiza entre os núcleos de Requesende (parroquia de Golmar) e A Xesta (Soutullo), presenta unha lonxitude de 1.060 metros e unha anchura media da plataforma da calzada de sete metros sen incluír as beiravías.

Os primeiros traballos consisten na limpeza das cunetas para protexer a estrutura do pavimento. A continuación renovarase o firme, contemplándose a regularización dos peraltes para unha maior seguridade na circulación e favorecer a evacuación das augas pluviais cara o exterior. A intervención concluirá coa reposición da sinalización horizontal e vertical.

O proxecto tamén inclúe a mellora do acceso ao núcleo de Vilanova, do mesmo xeito mediante a renovación da superficie de rodadura, o acondicionamento das marxes da calzada e a sinalización. Neste caso a lonxitude da estrada é de 150 metros cunha anchura media de 4,20 metros.

Estas actuacións están valoradas en 143.000 euros que, segundo o goberno local, «serán financiados integramente con fondos propios municipais». 

TEMAS

Tracking Pixel Contents