PLENO
A Laracha dedica 731.000 € do remanente a investimentos e melloras no patrimonio
Renovará a cuberta da piscina e a rede viaria e sinalizará o castro de Montes Claros

Pleno extraordinario celebrado na Laracha / C. Laracha
A Corporación da Laracha aprobou o suplemento de crédito que permitirá incorporar aos orzamentos deste ano 731.491,06 euros, procedentes do remanente líquido de tesourería da anualidade 2024, para o financiamento de gastos considerados urxentes e inaprazables, todos eles de interese xeral para a cidadanía.
O proxecto de maior importe alcanza os 215.000 euros, e ten como obxecto a reforma da cuberta do complexo deportivo da piscina municipal para mellorar a impermeabilización. O alcalde, José Manuel López, informou de que «é unha primeira parte, a segunda fase será a futura instalación dun sistema de produción de enerxía fotovoltaica para a que xa hai solicitada unha subvención. Despois das obras, sacarase a nova licitación para a xestión e explotación das instalacións».
Outra parte importante dos fondos, máis de 200.000 euros, empregaranse na mellora da rede viaria municipal, con proxectos tanto nos núcleos urbanos como nas zonas rurais para facilitar o tránsito de vehículos e peóns, favorecer as comunicacións, reforzar a seguridade viaria mediante a sinalización horizontal e vertical e actuacións de mantemento na iluminación pública.
Tamén quedan consignados os fondos necesarios para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade en instalacións nas que se desenvolven actividades culturais, así como para a reapertura do centro social de Paiosaco, cuxo contrato de explotación vai ser licitado en próximas datas.
Nos eidos patrimonial e turístico, dispoñer do remanente permitirá ao Concello levar a cabo traballos de sinalización na Ribeira de San Fins e no Castro de Montes Claros, así como instalar unha nova pasarela nunha das entradas á praia de Caión para mellorar a accesibilidade.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago

