Máis de 200 nenos e nenas de Zas debuxan o escritor Enrique Labarta Pose no Día do Libro
Os escolares tamén asistiron ao contacontos 'O poeta da terra', de Polo Correo do Vento

Os escolares cos seus debuxos de Labarta Pose. / Cedida
Máis de 200 nenos e nenas de Educación Infanil e Primaria do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose asistiron este mércores ao contacontos O poeta da terra, de Polo Correo do Vento.
Foi unha actividade organizada polo Concello con motivo do Día Internacional do Libro, que se conmemora cada 23 de abril, e que se engloba dentro da programación especial dos 100 anos do pasamento de Enrique Labarta Pose.
O espectáculo dividiuse en dúas partes. Na primeira, os membros de Polo Correo do Vento encargáronse de contarlle á rapazada aqueles aspectos máis importantes da vida e obra de
Labarta, ao mesmo tempo que realizaban unha caricatura do seu polifacético veciño. E na segunda parte, os alumnos fixeron os seus propios debuxos de Labarta.
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, e a concelleira de Educación, Pilar García, quixeron achegarse ata os centros de ensino para presentarlles este espectáculo e convidalos a
mergullarse no mundo da lectura.
Este contacontos naceu ao mesmo tempo que o primeiro libro infantil dedicado a Labarta e que tamén leva por título O poeta da terra. O Concello de Zas, xunto con Lela Edicións, publicou este libro en outubro do ano pasado e xa se repartiron máis de 500 exemplares entre o alumnado do municipio e nos centros de ensino e bibliotecas municipais de toda a Costa
da Morte.
Esta é unha nova acción do Goberno local para dar a coñecer e poñer en valor a figura de Enrique Labarta Pose e conseguir que se lle dedique o Día das Letras Galegas.
- Horario y dónde ver gratis el partido que puede decidir el regreso del Obradoiro a la ACB
- Vecinos de Bertamiráns denuncian la okupación masiva y los problemas de seguridad en un edificio de la Travesía do Pedregal: 'Nadie nos ayuda
- Una furgoneta pierde el control en el polígono del Tambre, se salta varios carriles y acaba empotrada contra la nave de Aluminos Cabeal
- El Obradoiro asciende y convierte Sar en una fiesta de ACB
- Sar, a un triunfo de volver a la ACB
- La otra grada del Obradoiro: “Un ascenso é algo histórico, non podía perdermo”
- Mario E. Casas, estudiante del Lamas de Abade, inaugura en Santiago una exposición sobre su primer cómic
- Ni es un faro ni deja de moverse: el 'gigante' de hormigón a 1 hora de Santiago que se balancea con el viento de la Costa da Morte