Ames destinará 64.000 € a ampliar rede de compostaxe doméstica
Instalaranse 200 novos composteiros individuais

Ames ampliará a rede de compostaxe doméstica / CEDIDA
O Concello de Ames investirá 63.800 euros na ampliación da rede de compostaxe doméstica. O obxectivo é instalar 200 novos composteiros individuais, co que se chegaría a unha cobertura poboacional total de 600 persoas.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático aportará o 75% do orzamento, a través dunha axuda de case 47.500 euros, e o 25% restante financiarase con fondos municipais (aproximadamente 16.300 euros).
Ademais, o Concello adquirirá catro biotrituradoras domésticas, que se cederán á veciñanza co fin de xestionar os restos de poda e mellorar a calidade do compost realizado.
En maio poñerase en marcha unha convocatoria aberta aos amesáns e amesás que desexen participar no proxecto.
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El restaurante de Santiago con el menú degustación más barato
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Llega el centollo a los mercados: claves para distinguir el gallego del de fuera
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Una física compostelana que trabaja para Amazon trae a Santiago la 'segunda revolución cuántica
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
