EDUCACIÓN
O BNG demanda solucións aos custos da ABAU para os concellos da Costa da Morte
As probas, que se celebran en Cee, suporán este ano un gasto de 21.488 €

Oscar Insua, deputado do BNG, presentou varias iniciativas no Parlamento / BNG
O deputado do BNG Óscar Insua vén de rexistrar varias iniciativas no Parlamento galego nas que insta á Xunta a buscar unha solución para que o concello de Cee e os de toda a contorna non teñan que asumir os custos económicos das probas da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade). Propón axudas directas ou outro tipo de medidas, «tendo en conta de que se trata dunha competencia impropia das entidades locais», afirma.
Este ano volverán celebrarse as probas nos dous institutos ceenses (IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco). Inicialmente, o custo económico para o Concello de Cee ascendía a 15.000 euros, pero en 2024 tivo que aportar 17.542 €, «e neste ano 2025 subiron as contas, e no modelo de convenio para asinar, as cantidades que terán que asumir as arcas ceenses aumentaron de forma considerable, ata os 21.488 €», dixo.
Por esta razón, a alcaldesa de Cee reuniu a todos os alcaldes da comarca para repartir ese custo entre os concellos, en función do alumnado que aporte cada un ás probas.
Óscar Insua asegura que «a Xunta non pode ser unha convidada de pedra e calar ante unha discriminación máis á comarca», e pregúntase «se acaso teñen que ser os concellos os que paguen as descentralizacións dos servizos».
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Santiago presenta la Festa da Uña de San Lázaro con un homenaje a los fundadores de la Orde y la París de Noia en el cartel

