A Baña repartirá unha trintena de composteiros e creará dous punto de compostaxe comunitaria
As persoas interesadas poden solicitar o seu recipiente na Casa do Concello

José Antonio Pereira Gil cos composteiros / Cedida
O Concello da Baña fará entrega de 30 novos composteiros individuais, que se suman aos 170 xa repartidos noutras edicións, e creará dous puntos de compostaxe comunitaria no centro urbano de San Vicenzo. Unha iniciativa que como destacan dende o municipio reforza o seu compromiso cunha xestión de residuos máis sostible e respetuosa co medio ambiente.
O obxectivo da iniciativa é promover a separación e reciclaxe en orixe dos biorresiduos, facilitando a elaboración de compost natural tanto nas vivendas con horta ou xardín como nas zonas urbanas onde se instalarán os composteiros comunitarios.
O alcalde, José Antonio Pereira Gil, fixo un chamamento á participación veciñal e anunciou que nos vindeiros meses organizaranse charlas informativas e obradoiros prácticos para fomentar o uso axeitado dos composteiros.
As persoas interesadas en participar nesta nova entrega poden solicitar o seu composteiro doméstico na Casa do Concello ou a través do teléfono 981 886 501, ata esgotar existencias.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos