Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Escola de Música de Ames abre o prazo de renovación

Aqueles alumnos que xa están cursando estudos teñen ata este venres 9 para facer a matrícula

Un concerto do alumnado da Escola de Música de Ames

Un concerto do alumnado da Escola de Música de Ames / Cedida

Ames

Dende hoxe e ata o vindeiro venres día nove, a Escola de Música de Ames ten aberto o prazo de renovación de matrícula de cara ao novo curso 2025-2026, dirixido ao alumnado que se atope cursando estudos no centro actualmente.

Para a renovación da praza, as persoas interesadas deberán cubrir o impreso de solicitude e entregalo na sede electrónica do Concello, dirixido á concellería de Cultura (Escola Municipal de Música de Ames) ou ben facelo de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro, na casa consistorial e na oficina municipal do Milladoiro.

O alumnado que por idade remata a materia de Música e Movemento está citado o día 14, ás 18.10 na aula 7 da EMMA, para realizar a adxudicación por sorteo das prazas.

Por outra banda, as datas para a inscrición do alumnado de novo ingreso anunciaranse nos vindeiros días, sendo estas entre finais de maio e comezos de xuño.

En canto ás clases do curso actual, rematarán o vindeiro 20 de xuño e o concerto de fin de curso da EMMA celebrase o mércores 18 de xuño no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.

Tracking Pixel Contents