Rois recoñece o labor de Clara e Ramón Abalo no Santo Isidro
Pai e filla cultivan 700 variedades e serán homenaxeados o 15| A escritora María Losada será a pregoeira das festas patronais

Ramón Abalo e a súa filla Clara, produtores de camelias / Cedida

O Concello de Rois celebra este mes de maio as festas patronais de Santo Isidro cunha programación que mestura tradición, cultura e deporte, e que terá o seu punto álxido o xoves 15 de maio. Ese día terá lugar a tradicional homenaxe Santo Isidro Labrador, que este ano recoñecerá o labor de Ramón e Clara Abalo no cultivo e coidado de camelias.
Veciños de Oín, pai e filla son coñecidos pola súa paixón polas camelias, das que cultivan ao redor de setecentas variedades. A súa traxectoria foi recoñecida en múltiples ocasións, destacando o primeiro premio na categoría doutras especies de camelia e o segundo no de camelia xapónica branca, obtidos o pasado mes de febreiro no Concurso-Exposición Internacional da Camelia celebrado en Pontevedra.
A homenaxe realizarase durante o xantar popular que organiza o Concello no polideportivo dos Dices, ao que se prevé que asistan centos de persoas. As entradas están dispoñibles na casa consistorial ata o doce de maio, con prezos de 7 euros para menores empadroados en Rois, 12 euros para adultos empadroados e 27 euros para os non empadroados na localidade.
A festa contará este ano cunha pregoeira local, María Losada Vázquez, que o vindeiro mes de xuño presentará o seu segundo libro, El club de los neurodivergentes. Más que todo. Ademais, durante o acto tamén se fará entrega a Victoriano Trenco Diz do premio do concurso para elixir o cartel anunciador das festas.

María Losada Vázquez / Cedida
Asimesmo, durante todo o mes, e servindo tamén para conmemorar o Día das Letras Galegas, a programación inclúe un sinfín de actividades culturais, comezando coa exposición As cantareiras e a poesía popular oral. Letras Galegas 2025, que se poderá visitar dende este luns 5.
O día 9 celebrarase unha nova edición do Serán da lingua, para dar protagonismo ás agrupación folclóricas locais coas actuacións do Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima, as Cantareiras das Amas de Casa de Rois, as Repeniqueiras de Urdilde e as Pandeireteiras de Ermedelo. Ademais, tamén haberá concertos da Escola Municipal de Música, os días 10 e 11, ou espectáculos para os escolares de todas as idades.
Tradición oral
A programación cultural rematará o venres 30 de maio co Naturfest As voces de Rois, que se celebrará en Buxán e que busca poñer en valor a tradición oral e render homenaxe ás voces que fixeron posible que chegue ata nós este gran legado cultural.
Tamén o deporte terá protagonismo no programa, co XVIII Premio Ciclista do Santo Isidro (Trofeo Suso Blanco Villar), que se disputará o sábado 10; a VI Andaina do Santo Isidro Letras Galegas (o día 18); e o II Torneo Infantil de Tenis (o sábado 31).
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos