As andainas teatralizadas polo Mar de Ovellas xuntan a 200 persoas en Ames
As rutas, desenvolvidas entre febreiro e abril, incluíron tres saídas para estudantes do IES do Milladoiro e do IES de Ames, e unha última sesión aberta ao público xeral

Andaina teatralizada polo Mar de Ovellas / Cedida
Preto de 200 persoas participaron nas catro edicións das andainas teatralizadas polo Mar de Ovellas, unha proposta cultural organizada polo Concello de Ames dentro do programa Rosalía 2025.
As rutas, desenvolvidas entre febreiro e abril, incluíron tres saídas para estudantes do IES do Milladoiro e do IES de Ames, e unha última sesión aberta ao público xeral celebrada o pasado domingo 27 de abril. A esta derradeira cita asisitiron 45 persoas que, guiadas polo grupo teatral Os Quinquilláns e acompañadas pola música de Luís O’Caruncho, puideron descubrir os recunchos históricos e literarios da Costa do Mar de Ovellas.
O percorrido, de cinco quilómetros e dificultade media, seguiu parte do Camiño de Fisterra-Muxía, cunha duración aproximada de dúas horas. Ademais, estivo baseado no poema rosaliano A probiña, que está xorda...!, que se localiza en dita costa e que está recollido no libro Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía de Castro e que profundiza na relación entre as Terras da Maía e a propia vida e obra da poetisa.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Jornada accidentada en Santiago: dos choques en menos de media hora y un positivo en vía penal de madrugada