Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Negreira convertirase nun Concello cardioprotexido coa presentación da aplicación Cardioángel

A app permite localizar voluntarios formados en RCP nas proximidades dunha emerxencia

Negreira convertirase nun Concello cardioprotexido coa presentación da aplicación Cardioángel

Negreira convertirase nun Concello cardioprotexido coa presentación da aplicación Cardioángel / Cedida

Negreira

Despois de que a principios do mes de abirl, Ribeira se convertera no primeiro concello de Galicia cardioprotexido ao adherirse á aplicación Cardi@ngel, esta semana sumarase unha nova localidade como é Negreira, que contará cunha rede de voluntarios capacitados en facer unha reanimación cardiopulmonar.

O alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, e o CEO da startup Cardioángel, Carlos Martínez, explicarán este martes 6 de maio en que consiste ao tecido asociativo e á veciñanza.

A aplicación Cardioángel permite localizar voluntarios formados en RCP nas proximidades dunha emerxencia e activar a súa resposta inmediata antes da chegada dos servizos sanitarios. Unha iniciativa que xa foi recoñecida a nivel estatal ao recibir o Premio DKV Impacta á innovación social en saúde en outubro do pasado ano.

Cartel da formación en RCP en Negreira

Cartel da formación en RCP en Negreira / Cedida

Ademais, como parte do lanzamento, toda a veciñanza está convidada a participar nun adestramento gratuíto en RCP, que terá lugar o vindeiro sábado 10, de 12.00 a 14.00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura.

Tracking Pixel Contents