Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Máis de 200 persoas participaron na quinta edición do Abril de Cine de Ames

Durante tres sesións proxectaronse dúas longametraxes e catro curtas

Unha das sesións do ciclo Abril de Cine

Unha das sesións do ciclo Abril de Cine / Cedida

Ames

O ciclo cultural Abril de Cine, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames para achegar o cinema galego actual á cidadanía, pechou a súa quinta edición cunha notable partipación. Un total de 235 persoas asistiron ás tres sesións propostas, superando amplamente os datos da edición anterior, que acadara os 125 asistentes.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, subliñou a boa acollida desta quinta edición do ciclo: «Estamos moi satisfeitos coa participación da veciñanza amesá nas actividades do concello. Intentamos levar a cabo una programación diversa e atractiva que chegue a todos os públicos». Pola súa banda, dende a organización destacaron a gran resposta da veciñanza Ademais, puxeron en valor o gran número de xente moza que asistiu á última sesión do ciclo.

Tres sesións de cine galego

A edición deste ano contou cun fío temático común como é o desarraigamento. Baixo este primsa, o público puido desfrutar de dúas longametraxes e catro curtas, todas elas dirixidas por cineastas galegos e con coloquios participativos ao remate das proxeccións para afondar e destacar os aspectos máis rechamantes de cada unha das obras audiovisuais.

A primeira sesión, celebrada o 3 de abril, contou coa proxección do documental Prefiro condenarme, dirixido por Margarita Ledo e que reuniu a 88 asistentes. A segunda xornada, o 10 de abril, foi protagonizada por Zeltia Outeirño e o seu filme Filmei paxaros voando.

O ciclo pechouse o 22 de abril cunha noite de curtas, na que se proxectaron un total de catro filmes: Platónico, platónica de Xacío Baño, Noites de prata de Soraya Antelo, Carracedo de Manu Lucas Mariño e Pechar caixas, abrir caixas de Hugo Amoedo. A esta última sesión asisitiron un total de 79 persoas.

Tracking Pixel Contents