Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Flores e poemas de Labarta Pose embelecen as rúas de Baio e Zas

A iniciativa dá visibilidade ao escritor baiés no 100 aniversario do seu falecemento

Manuel Muíño, esquerda, e José Manuel Brenlla coa xardineira ubicada na Praza do Concello

Manuel Muíño, esquerda, e José Manuel Brenlla coa xardineira ubicada na Praza do Concello / C. Zas

Zas

As principais rúas de Baio e Zas enchéronse nos últimos días de flores e poemas de Enrique Labarta Pose, grazas a unha iniciativa do Concello zaenses para conmemorar os 100 anos do falecemento do escritor e xornalista baiés.

En total distribuiron 18 xardineiras co fin de embelecer as rúas das dúas vilas zaenses e, ao mesmo tempo, poñer en valor e «dar a coñer a vida e obra dun dos nosos veciños máis ilustres», afirma o alcalde, Manuel Muíño.

Deste xeito todo aquel que visite as vilas de Baio e Zas, ademais de deleitarse coa beleza das flores, poderá tamén ler algúns dos poemas que Labarta Pose escribiu «na defensa da lingua, das mulleres, dos animais e das nosas tradicións», subliña o rexedor.

A iniciativa enmárcase tamén na campaña que dende hai varios anos vén desenvolvendo o Concello de Zas, xunto con todo o tecido asociativo local, para que a Real Academia Galega (RAG), lle adique a Labarta Pose o Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2026.

Ademais, tal e como sinala Manuel Muíño, «esta actuación darálle un novo aspecto as nosas vilas creando espazos máis agradables e vistosos». As xardineiras estarán instaladas durante todo este ano e serán un complemento ao resto das iniciativas programadas.

Tracking Pixel Contents