Entrevista | María Batán Gañadora do Campionato Galego de Coctelería
"Para mín é un orgullo dicir que podo representar a Galicia"
A lalinense competirá co Campeonato de Españo de finais de ano tras triunfar no certame autonómico co seu cóctel Luisiño

María Batán / Cedida

María Batán (Lalín, 1997) acaba de proclamarse gañadora do XXII Campionato Galego de Coctelería organizado pola Asociación Galega de Barmen (AGABA). Agora, despois de lograr un novo galardón na súa primeira participación na categoría Barman acudirá ao Campeonato de España que se celebrará nas Illas Baleares a finais de ano como a representante de Galicia.
Empezando polo presente. Acaba de recibir o premio como gañadora do XXIICampionato Galego de Coctelería, como se sinte?
Super contenta e, ao mesmo tempo, sinto unha gran responsabilidade porque outra vez represento a Galicia no nacional. Ademais, este ano subín de categoría e xa son Barman, entón a presión tamén aumenta un pouco.
O ano pasado como Xoven Barman tamén logrou o primeiro premio na súa categoría. Cal é a fórmula do éxito?
Eu creo que é un cómputo de moitas cousas, porque ao final ten que ter un bo sabor, unha boa técnica, unha decoración que lle sexa acorde ao cóctel, que o resalte... E ao final pois tamén estudar un pouco e saber de todo.
O cóctel co que gañou este ano é Luisiño. Que ten de especial?
Para min a miña familia é primordial, é o máis importante. Sempre me acompañan a todos os lados, me apoian, se prestan para probar os meus cócteles ou o que faga falta, e entón sempre os teño moi presentes. O ano pasado no nacional púxenlle o apelido da miña madriña, Lorenzo. E neste caso chamase Luisiño porque o meu avó materno chamase Luis e quería poñerlle un nome cun pouco de cariño. Nesta ocasión Luisiño estaba feito cun licor de cereixa, mezcal, sirope de maracuyá, zume de mango e zume de pomelo.
Despois do Campionato Galego, xa ten a mirada posta no Campeonato de España de finais de ano?
Esta semana estou descansando un pouco, pero xa pronto haberá que poñer as máquinas a funcionar para pensar nese nacional porque non é fácil, é unha semana dura e hai que intentar que os resultados sexan, polo menos, medianamente bos. Estás fóra da casa e entón faise duro, aínda que poidas estar acompañado pola rúa da familia, que eso axuda moito. Ao final aguantar a presión un día pasa, pero unha semana como nunha cita como esta xa se fai máis complicado.
O ano pasado terminou terceira no certame nacional. Que espera deste ano?
Ao subir de categoría as cousas poñense máis complexas pero espero polo menos lograr o mesmo resultado, aínda que se pode ser mellor pois xenial. Que sexa o que sexa, pero polo menos ter conciencia de facelo o melllor posible e de ir contentos para casa.

María Batán / Cedida
Como se prepara agora un para unha cita como esa?
Con paciencia, e sobre todo con moitas gañas. Temos que estudar bastante e a rutina aínda que xa a tes máis ou menos preparada sempre son moitos puntos a ter en conta e hai que organizarse bastante ben. Pero sobre todo é iso, hai que intentar botarlle gañas e ter tempo para poder prepararse ben.
Que significado ten representar a Galicia a nivel nacional?
Para mín é un orgullo dicir que podo representar a Galicia a nivel nacional porque é que eu son unha namorada da miña terra. Cada vez hai máis nivel en Galicia, entón faise máis complicado chegar a ese nivel de representala no ámbito nacional E ao final para os que imos tamén é unha responsabilidade, porque estamos representando o traballo de todos, non só o teu traballo.
Un dos nomes cos que competiu neste campionago galego é o de Javier García, co que tamén compartiu a experiencia do ano pasado no nacional. Sendo os dous de Lalín... que hai aquí para que saían tantos bartenders de talento?
Agora mesmo de Lalín fumos cinco compañeiros ao Campionato Galego. E eu creo que esto faino algo máis levadeiro porque entrenamos entre todos, sempre nos xuntamos e comentamos, e é diferente. O que ten Lalín non o sei, pero que nos xuntaramos bastantes sempre axuda porque non é o mesmo ir a un campionato e non coñecer a ninguén que ir cos colegas de todos os días.
Como nace a súa paixón pola hostalería, e en concreto, pola coctelería?
Nunca me gustou estudar e atopei na hostelería unha vía de escape. Empecei a traballar xoven, con 16 anos, e xa sabía que era algo que me gustaba porque o meu avó, o meu tío e o meu padriño, aínda que eran carpinteiros, as fins de semana facían vodas e na casa sempre nos ensinaban cousiñas. Co tempo empezoume a gustar cada vez máis e despois xa cando empecei no ciclo pasei de non querer estudar a debullar temario do que fora. Porque me gustaba tanto que non me costaba ningún traballo.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias
