Tres centros educativos da Baña, Vedra e Malpica brillan no VII Concurso de Podcasts-Radio na Biblio
Recibirán un premio de 1.250 euros e os traballos serán emitidos na Radio Galega

Tres centros educativos da Baña, Vedra e Malpica brillan no VII Concurso de Podcasts-Radio na Biblio / Cedida
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP recoñeceu a creatividade e o compomiso coa cultura galega de oito centros educativos da comunidade, entre eles tres da Baña, Vedra e Malpica de Bergantiños, coa concesión dos galardóns do VII Concurso de Podcasts-Radio na Biblio.
O CEIP Ortigueira (Vedra) con Eco do pasado, na categoría de 1º e 2º de Primaria; o CEIP Milladoiro (Malpica) con A nosa herdanza, na categoría de 5º e 6º de Primaria; e o CEIP de San Vicente (A Baña), co seu podcast As Letras cantan, e A Baña tamén!, na categoría de 3º e 4º da ESO; foron distinguidos pola calidade e sensibilidade dos seus traballos, que nesta edición están dedicados ás cantareiras e á poesía oral, ás que se lle rende homenaxe co gallo do Día das Letras Galegas 2025.
Así pois, a través destes traballos, homenaxéase a Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira Santos (Muxía), e Prudencia e Asunción Garrido e mais Manuela Lema Villar, as tres Pandereteiras de Mens (Malpica) falecidas hai máis dunha década e rememórase á literatura de base popular, sempre unida á música como tesouro patrimonial colectivo.
Os centros participantes presentaron un podcast en lingua galega cunha duración de entre tres e cinco minutos, que podía ser unha entrevista, unha cuña publicitaria, un espazo de noticias, un faladoiro, un recital, un debate ou un programa monográfico, entre outros. O contido debía versar sobre aspectos bio-bibliográficos das mulleres homenaxeadas, a importancia e representación das cantigas populares, a relación entre a literatura e a música e a muller na literatura galega ou as mulleres nas Letras Galegas.
Cada centro premiado recibirá 1.250 euros que poderán destinar á mellora dos seus laboratorios de raio ou ao desenvolvemento de novas actividades vencelladas a esta ferramenta. Ademais, os traballos gañadores serán emitidos na Radio Galega e difundidos a través da súa web.
Ademais destes tres centros tamén resultaron gañadores o CEIP O Castiñeiro de Laza na categoría de educación infantil; o CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol en 1º e 2º de Primaria; o CEIP Plurilingüe da Torre-Cela de Bueu en 3º e 4º de Primaria; o CEIP Plurilingüe Virxe do Monte de Cospeito na categoría de 1º e 2º da ESO; e o CEE de Vilagarcía de Arousa noutras ensinanzas.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Del magosto de Sar a la fiesta de Conxo: castañas, foliada, un bingo y churrasco 'a fartar' este sábado en Santiago
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo
- Muere Jesús Bernal, el atleta más querido del circuito gallego
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
