Os empresarios de Ames celebran a segunda edición dos seus premios e presentan unha nova imaxe corporativa
Preto de 100 persoas reunironse este luns no Pazo da Peregrina de Bertamiráns

Gala de entrega dos Premios XEA / Cedida
A Xunta de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este luns 5 de maio, no pazo da Peregrina de Bertamiráns, a segunda edición dos Premios XEA, na que se reuniron preto de cen persoas. A gala conincidiu coa presentación da nova imaxe corporativa da asociación, un corazón azul que simboliza o compromiso dos comerciantes coa comunidade, así como coa estrea da súa nova páxina web oficial.
O acto contou coa presenza do alcalde de Ames, Blas García, da concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, así como doutros representantes da Corporación municipal, que puxeron en valor o tecido empresarial do municipio.
Un corazón azul como símbolo de identidade e unha nova páxina web
A nova identidade visual de XEA presenta un corazón azul que recolle a idea "do noso, do galego e do corazón que cada comerciante pon no seu negocio para sacalo adiante, máis tamén o corazón co que o cliente se achega aos seus veciños para comprar con confianza". Ademais, co lema Eu son XEA poténciase a "individualidade do eu máis a pertenza a unha asociación que ano tras ano vai sumando socios e campañas apostando polo comercio de proximidade".
Por outro lado, tamén se presentou a nova web da asociación, que busca ser escaparate e dar visibilidade aos socios: www.xuntanzadeempresarios.gal.

Preto de cen persoas asistiron á gala de entrega dos Premios XEA / Cedida
Os Premios XEA, un recoñecemento á excelencia local
Durante a gala, entregáronse os Premios XEA, outorgados por votación entre socios da asociación, valorando aspectos como a innovación, a traxectoria, a súa dedicación na localidade, a creatividade ou a implicación coa veciñanza e demais socios.
Neste sentido, o Premio Comercio foi para Librería Bandini (Bertamiráns); o Premio Servizos, para Bj Trainers (Bertamiráns); o Premio Hostalería, para O Transistor (Bertamiráns; o Premio Beleza e Benestar, para Fátima Prego Estilistas (Milladoiro); mentres que o premio especial, outorgado por XEA, foi para Don Budi Bar, que este ano celebra o seu 25 aniversario.
Ademais dos premios, creados por Pousada Láser, o acto estivo marcado pola convivencia, a música en directo do grupo Minguante, e a degustación de petiscos, a cargo da cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro, que acompañaron unha noite de orgullo empresarial e compromiso comunitario.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión