Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rois suma un novo centenario: José Vázquez Castaño

Veciño da parroquia de Infesta celebrou o seu aniversario acompañado do seu neto Francisco

José Vázquez Castaño, no centro, xunto a Ramón Tojo e o seu neto Francisco

José Vázquez Castaño, no centro, xunto a Ramón Tojo e o seu neto Francisco / Cedida

Rois

O Concello de Rois sumou este mércores un novo membro ao seu selecto clube de centenarios: José Vázquez Castaño, veciño da parroquia de Infesta e natural de Seira.

Ao longo dun século, José foi un exemplo de dedicación e traballo vinculado á terra. Casado en Infesta, onde residiu gran parte da súa vida, mantivo sempre un forte vínculo coa agricultura, actividade á que dedicou toda a súa traxectoria laboral.

Na celebración deste día tan especial estivo acompañado polo seu neto Francisco, co que convive xunto á súa muller e dos bisnetos.

Tamén acudiu persoalmente para felicitalo personalmente o alcalde, Ramón Tojo, que lle fixo entrega de varios agasallos institucionais: unha figura dun peregrino cunha dedicatoria personalizada, unha felicitación oficial e un doce para compartir en familia.

Tracking Pixel Contents