Vila de Cruces elixe cartel para o XXXI Festival de Bandas
Celebrarase o sábado 24 de maio no marco da Festa Gastronómica do Galo de Curral

Vila de Cruces elixe cartel para o XXXI Festival de Bandas / Bernabé / Javier Lalín
A cruceña Esther Carballal é a gañadora do concurso de carteis para o XXXI Festival de Bandas de Música de Galicia, que se celebrará o sábado 24 de maio no marco da Festa Gastronómica do Galo de Curral.
Carballal, que, tras vivir en París e Valencia, regresou a súa terra natal, ao fogar dos seus avós, explica que o cartel representa "como a música ten o poder de axudar a evadirnos e facer voar a nosa imaxinación".

Debuxo gañador do concurso de carteis do Festival de Bandas de Galicia / Cedida
O certame convocouse en tres categorías: de 0 a 16 anos gañou Thomas Abraham Moreno, premiado con 75 euros; de 17 a 64 anos impúxose Esther Carballal, que recibiu 150 euros e será agasallada co cartel enmarcado, e na modalidade de maiores de 65 anos venceu María Rosa Pampín, que obtivo un premio de 75 euros.
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Boiro atesora los restos de un templo de hace catorce siglos, uno de los más antiguos de Galicia
- Sorpresa en Noia: un tendal de setenta metros sobre la ría
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- La SD Compostela logra la ansiada remontada contra el Atlético Arteixo tras sufrir en la prórroga