Arzúa converterá a casa da cultura nun espazo eficiente e sostible
A actuación conta cun orzamento de máis de 135.000 euros

Casa da Cultura de Arzúa / Cedida
O Concello de Arzúa acaba de sacar a licitación unha actuación de mellora na casa da cultura, cun orzamento de máis de 135.000 euros, co obxectivo de facer un edificio máis cómodo, moderno e eficiente.
"A casa da cultura é un espazo referencial para toda a veciñanza de Arzúa. Con estas obras melloraremos a súa funcionalidade e farémola máis eficiente e sostible. Apostamos por unha Arzúa que coida o que ten e adapta os seus espazos públicos aos retos do século XXI", explicou a concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado.
As actuacións centraranse en tres ámbitos principais. Por unha banda, mellorarase o illamento térmico das paredes interiores e, por outra, renovarase todo o sistema de iluminación, instalando luminarias led de baixo consumo e un sistema intelixente que axuste a súa intensidade segundo o uso. Ademais, substituirase a actual caldeira de gasóleo por unha caldeira de pellets.
"Investir en eficiencia enerxética é beneficioso tanto para a veciñanza como para o Planeta. Por un lado, conseguimos edificios que diminúen a súa pegada ecolóxica e, por outro, a longo prazo reducimos os custos de mantemento dos espazos xestionados polo Concello", sinalou o alcalde, Xoán Xesús Carril.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año