José López Campos lembra en Padrón o legado de Cela polo seu 109 aniversario
Este venres tivo lugar unha ofrenda floral no cemiterio de Adina

López Campos xunto a Lorenzo e representantes municipais / Cedida
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e polos alcaldes de Padrón, Anxo Arca, Rois, Ramón Tojo, e Dodro, Xavier Castro, lembrou o legado de Camilo José Cela na ofrenda floral celebrada este venres no cemiterio padronés de Adina co gallo do 109 aniversario do nacemento do escritor.
No marco deste acto, o titular de Cultura destacou a Cela «por ter sido unha das voces máis singulares e poderosas da literatura española do século XX». Ademais, recordou que este 2025 cúmprense 30 anos da concesión do Premio Cervantes ao autor padronés, ao que destacou como «o mestre da palabra e defensor da nosa identidade cultural».
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo
- Vuelca un coche en la AG-56 a la salida de la autopista en Santiago
- Renfe anuncia la cancelación de trenes entre Ourense y Santiago por unas obras en diciembre
- Mil docentes de colegios e institutos dejan las aulas gallegas este año
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
